Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

O Concello de Maside durante o ano 2023 desenvolve actividades dirixidas á poboación masidá para traballar en prol da igualdade entre homes e mulleres, a prevención e o tratamento da violencia de xénero.

Estas actividades son subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e cofinanciadas pola Unión Europea. Dentro do obxectivo de previr a violencia de xénero, mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Dentro da IIIª Escola de Empoderamento tiveron cabida actividades como o apoio psicolóxico a mulleres, obradoiros de cestería, cosmética natural, actividade física, cociña, … todos eles cunha gran aceptación por parte da poboación e con un índice de participación superior ao esperado.

O Concello de Maside beneficiase dunha subvención para a instalación dunha caldeira de biomasa no colexio vello de Maside

Convocatoria de Subvencións do Instituto Enerxético de Galicia a proxectos de Enerxías Renovables Térmicas ano 2021

A convocatoria da subvención saiu no DOG núm. 96 do 25/05/2021

Axuda para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2021, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020″

Maxia na Vila

MAXIA NA VILA “Maside con Roberto Lolo”

Domingo 14 de Agosto de 2022

Horario: 18:00h

Piscinas Municipais da Rañoa

 

Organizan e producen Pedro Bugarín e Dani Polo

Concello de Maside co patrocinio de:

Xunta de Galicia / Xacobeo 21-22 / Fundación La Caixa