Entre mulleres anda o xogo

O Concello de Maside leva a traballar na promoción da igualdade de xénero e contra as
violencias machistas dende fai anos. Dende o grupo de goberno considérase
imprescindible o traballo neste eido de maneira trasversal en tódolas áreas que abarca o
traballo municipal, é por elo que quere darlle visibilidade a ese traballo agora que se
acerca o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25N), para que toda a
poboación se faga eco da labor desenvolta ata o de agora.

O Concello de Maside comezará a semana estreando un novo sistema de alumeado led
na fachada do edificio consistorial que permite que o edificio do concello adquira unha
cor morada para conmemorar o 25N.

O luns día 23 de novembro o Concello de Maside organiza unas funcións “Entre
Mulleres Anda o Xogo”, para nenos e nenas de Educación Infantil e Educación
Primaria do CPI Terras de Maside onde se traballarán os valores da Igualdade e a Non
Violencia contra as Mulleres.

O Concello de Maside ven de por en marcha unha campaña de promoción da Igualdade
e Contra a Violencia de Xénero: Maside Libre de Violencias Machistas en
colaboración cos distintos negocios, comercios, do municipio. Elaborouse un logo que
pretende ser a imaxe de Maside na loita contra a Violencia Machista. Este logo foi
impreso en pegatinas que se entregarán ó longo dos vindeiros días a tódolos negocios do
municipio para que estes a luzan nos escaparates. Así tamén se elaboraron bolsas co
mesmo logotipo para entregar a tódolos comercios e que as repartan entre a súa
clientela, estas tamén estarán a disposición de calquera cidadán interesado nas oficinas
dos Servizos Sociais a onde poderán dirixirse para solicitar a súa.

Outra das actuacións emprendidas foi a edición dun video promocional coa
colaboración das mulleres do municipio, onde as protagonistas son veciñas do concello.
Elas son as que ante situacións de maltrato, violencia contra as mulleres ou cativos
levantan a súa voz #EuTamenDouACara. Este esperamos sexa o primeiro dunha serie
de spots que promocionen a Igualdade e a Non Violencia contra as Mulleres onde os
protagonistas sexan os nosos veciños/as, onde eles se sintan participes das actuacións
que neste eido se poñen en marcha.

Todas estas actuacións contan coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade en
desenvolvemento do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.
Por ultimo, o vindeiro mércores, coincidindo coa celebración do Día Internacional
Contra a Violencia de Xénero, celebrarase un pleno no cal o grupo de goberno presenta
unha moción onde “a violencia de xénero non ten cabida na sociedade que aspiramos a
ser, nin na democracia que queremos consolidar”. Entre os puntos desta moción
recollese “a importancia de chegar a todas esas mulleres que viven no rural e son
maiores, son moi vulnerables e queremos facerlles saber que non están soas, que nos
teñen aquí para o que precisen, …. que estamos aquí para elas…