PROTECCIÓN DE DATOS DO CONCELLO DE MASIDE

En base ó establecido no REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo a protección das persoas físicas en canto ó tratamento de datos persoais e a libre circulación de datos persoais e a derogada Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos) (en adiante RXPD) e en cumprimento da INFORMACIÓN ADICIONAL (LEXITIMACIÓN ART. 6.1.E RGPD INTERESE PÚBLICO), informamos:

RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS PERSOAIS
Responsable do Tratamento:

Identidade: Concello de MASIDE (P3204600E)
Dirección Postal: Praza Maior, 1 (32570) MASIDE (Ourense)
Teléfono: 988 28 06 06
Correo electrónico: intervencion.maside@eidolocal.com

Delegada de Protección de Datos
Datos de contacto: Doña Delia Pérez
Correo postal: Praza Maior, 1 (32570) Concello Maside (Rexistro Xeral)
Comunicación Delegada Protección de Datos: deliapla@yahoo.es

O sitio de enlace web: www.concellodemaside.gal é un dominio en Internet de titularidade do Concello de Maside Ourense, Praza Maior, 1. 32570 MASIDE (Ourense).

Este aviso legal recolle as condicións xerais que rexen o acceso e uso do presente sitio web, do que é titular o Concello de Maside (en adiante Responsable de Tratamento). Vostede queda informado, de que o uso deste sitio web implica a expresa e plena aceptación das presentes condicións xerais na versión publicada no momento no que o usuario acceda ao mesmo, sen prexuízo de as condicións particulares que puideran aplicarse a algúns dos contidos ou servizos concretosdo sitio web.

Política de Privacidade
Esta política de privacidade establece a forma en que se van xestionar os datos persoais que como persoa usuaria poida proporcionar a través deste sitio web do Concello de Maside  www.concellodemaside.gal. Antes de seguir navegando é recomendable que a lea xa que é imprescindible a súa aceptación no caso de que introduza datos persoais a través deste web. Nesta declaración de privacidade explicamos que datos persoais recompilamos neste sitio e como os utilizamos. Advertir que os maiores de 14 anos poderán introducir os seus datos neste Web sen o consentimento previo dos seus pais ou titores ou representados legales. No caso dos menores de 14 anos requírese o consentimento dos pais ou titores para o tratamento dos seus datos persoais.

A Política de Privacidade poderá variar en función das exisencias lexislativas do momento, aconsellamos ás persoas usuarias que visiten periodicamente dita normativa de autorregulación.

O Concello de Maside cumpre co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD).

RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS PERSOAIS
Responsable de Tratamento:

Identidade: Concello de MASIDE (P3204600E)
Dirección Postal: Praza Maior, 1 (32570) MASIDE (Ourense)
Teléfono: 988 28 06 06
Correo electrónico: intervencion.maside@eidolocal.com

Finalidade coa que trata os datos persoais este Responsable de Tratamento.
Nos formulario, que vostede ten a disposición, solicitando información de servizos e actividades, reservas de prazas, anotacións de eventos e demáis, podemos solitar: nome, DNI, correo electrónico e ademáis anotamos o enderezo IP. Tamén informamos de que os datos facilitados a través destes formularios estarán almaceados nos servidores do propio Concello.

A finalidade desta toma de datos é poder ofrecerlle unha ferramenta de comunicación, información e achegar os servizos do Responsable de Tratamento o/a ciudadán e visitante da web do Concello de Maside e que este lle poida responder as súas inquedanzas, ou facilitarlle o trámite da información solicitada.

Ao facilitar esta información, vostede dá o consentimento para que sexa recompilada, tratada, xestionada e almacenada polo Concello de Maside, só en base a como se describe no Aviso Legal e na presente Política de Privacidade, desta entidade.

Existen outras finalidades polas que tratamos os seus datos persoais:

  • Para garantirmos o cumprimento das condicións de uso e a lei aplicable. Isto pode incluír o desenvolvemento de ferramentas e algoritmos que axudan a este web a garantir a confidencialidade dos datos persoais que recolle.
  • Para apoiarmos e mellorarmos os servizos que ofrece este web.
  • Para xestionarmos as redes sociais onde o Concello de Maside ten presenza. O tratamento dos datos das persoas que se fagan seguidoras nas redes sociais das páxinas oficiais do Concello de Maside rexerase por este apartado e tamén por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan á rede social que proceda en cada caso e aceptadas previamente pola persoa usuaria. Este Responsable de Tratamento (Concello de Maside) tratará os seus datos coa finalidade de administrar correctamente a súa presenza na rede social, informará a cidadanía dos servizos que se ofertan desde a administración local, así como para calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais permitan.

De acordo co establecido no regulamento xeral de protección de datos europeo (RGPD) 2016/679, o Concello de Maside será responsable do tratamento dos datos que lle sexan solicitados a través deste web. Toma de datos e tratamento lexítimo que forma parte do Rexistro de Actividades de Tratamento do Concello de Maside.

Os datos persoais proporcionados conservaranse ata que sexa solicitada a súa supresión polo interesado, ou xa non sexan necesarios para trámites da xestión executada.

Lexitimación para o tratamento dos datos:
A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento que vostede concede e dí entender e estar de acordo o aceptar este aviso legal.

Cando vostede introduce datos persoais neste web requírese o consentimento con esta política de privacidade informada o basada no consentimento e os seús dereitos a opoñerse.

As categorías de datos que se soliciten a través deste web son da categoría de datos identificativos. Non se tratan categorías de datos especialmente protexidos.

Debe entender que é imprescindible que nos facilite os seus datos no caso de querer solicitar información determinada que vostede demanda por iste medio. Por iso, se non nos facilita os datos persoais solicitados nos formularios ou non acepta esta política de privacidade, non poderemos xestionar a súa solicitude.

Persoas destinatarias ás que se lles comunican os datos:
Este Responsable de Tratamento, comparte os datos persoais proporcionados a través deste web cos seguintes prestadores baixo as súas correspondentes condicións de privacidade:

Servizo de Correo electrónico:
Utilizaremos en determinados xeitos de recabar e comunicarse ca entidade o correo electrónico, e para poder realizar a tramitación da solicitude ou do formulario do que se trate, así como formará parte da base de datos da xestión do servizo deste Responsable de Tratamento.

Con que finalidade trata os seus datos o Responsable de Tratamento:
Nesta Entidade tratamos a información obtida coa única finalidade de poder tramitar os expedientes administrativos e as actuacións derivadas deles, así como os servizos de xestión da propia entidade e as súas fucións derivadas das entidades de réximen local.

Por canto tempo conservará este Responsable de Tratamento, os seus datos:
Almacenamos os datos durante o tempo necesario para poder cumprir coas obligación legais que encomenda a normativa administrativa, e sempre, cumprindo polo menos co tempo mínimo de conservación da información. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación, e funcións das entidades de réximen local.

Existencia de tratamento de datos en sistemas automatizados e outros soportes:
Esta Entidade dispón de un Rexistro de Actividades de Tratamento, tanto en soporte papel, así como en soporte automatizado, e vostede pode exercer os seus dereitos do RXPD, por medio de carta certificada, acudindo directamente a propia entidade ou por medios electrónicos, ditas solicitudes serán dirixidas a Delegada en Protección de Datos y facendo constar o dereito que desexa exercer e acompañada dita solicitude de copia do seu DNI/NIF ou documento que o identifique.

A Entidade, pode tomar decisións automatizadas baseadas na cobertura legal que lle outorga o artigo 41 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Sería calquera acto ou actuación realizada integramente a través de medios electrónicos no marco dun procedemento administrativo e na que non interveña de forma directa una persoa.

Deberá de regularse a toma de decisións automatizadas nunha normativa propia, definindo na mesma as especificacións, programación, mantemento, supervisión e control de calidade. Dita normativa estará a disposición dos cidadáns na entidade ou solicitando os seus dereitos según se indica.

Medidas de seguridade:
A aplicación das medidas de seguridade que se aplican por este Responsable de Tratamento, son as marcadas polo criterios establecidos no Esquema Nacional de Seguridad, así como as establecidas no RXPD en canto o seu tratamento.

Lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais:
A base legal para o tratamento dos seus datos é o cumprimento dunha misión que é realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, de conformidade coa Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común. Existen base legal de tratamento dos seus datos para actividades é o cumprimento dos vinculantes as funcións implícitas do tratamento de os seús datos como veciño ou afectado.

Existen base legal de tratamento dos seus datos para actividades é o cumprimento de outras Actividades de Tratamento con consentimento expreso do usuario/usuaria ou afectado/afectada.

Cesións de datos a terceiros ou destinatarios dos seus datos:
Os datos comunicaranse a outras Administracións Públicas sempre que sexa necesario para cumprir cos fins enumerados anteriormente, sempre que exista normativa legal que o ampare e con funcións na súa materia.

Cales son os seus dereitos en relación cos datos que nos facilita
Ten dereito a:

  • Solicitar o acceso aos datos persoais que nos proporcione.
  • Solicitar a súa rectificación ou supresión.
  • Solicitar a limitación do seu tratamento.
  • Solicitar a portabilidade dos datos.

Como persoa interesada poderá acceder ós seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso unicamente o Concello os conservará para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. Este Responsable de Tratamento, deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións. Coma interesado, ten dereito a recibir os datos persoais que nos teña facilitado nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento cando:

  • O tratamento estea baseado no consentimento.
  • Os datos teñan sido facilitados pola persoa interesada.
  • O tratamento se efectúe por medios automatizados.

Ó exercer o seu dereito á portabilidade dos datos, terá dereito a que os datos persoais se transmitan directamente de responsable a responsable cando sexa tecnicamente posible.

As persoas interesadas tamén terán dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante a autoridade de control, neste caso, a Axencia Española de Protección de Datos, se considera que o tratamento de datos persoais que lle concirnan infrinxe o Regulamento ou non son atendidos os seus dereitos.

Para exercer os seus dereitos deberá de dirixirse a:
Delegada de Protección de Datos:
Datos de contacto: Doña Delia Pérez
Correo postal: Praza Maior, 1 (32570) Concello Maside (Rexistro Xeral)
Comunicación Delegada Protección de Datos: deliapla@yahoo.es

Xeito de solicitar os dereitos:
Mediante unha solicitude cursada ante o Rexistro do Concello de Maside, por medio de carta ou solicitude e tamén por vía emiail, polo que poderá presentar dita solicitude segundo previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro e no propio RXPD, ditas solicitudes poñense a súa disposición dun xeito totalmente gratuito e faciltaranse a todo usuario ou usuaria que os solicite, unha vez cumprimentada deberán ser dirixidas a Delegada Protección de Datos, facendo referencia o dereito que pretende exercer e acompañando dita solicitude da copia do seu DNI/NIF ou documento que o identifique.

Calquera persoa ten dereito a obter información sobre se nesta Entidade se están tratando os seus datos persoais ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, o prazo de conservación dos seus datos, mesmo a obter una copia dos datos obxecto do tratamento.

Así mesmo, ten dereito de rectificación dos datos se son inexactos. ( pode solicitar una rectificación do seu domicilio, un cambio de nome, etc…).

Os interesados ten dereito á limitación do tratamento, para iso deberán de solicitalo ao responsable, o cal deberá de suspender o tratamento dos datos cando os cidadáns soliciten a rectificación ou supresión dos seus datos, ata que se resolva a súa solicitude.

Os interesados poderán exercer o dereito de supresión (dereito ao esquecemento) sempre que se dean as circunstancias enumeradas no RGPD. O afectado pode exercer o dereito de oposición ao tratamento, sempre por motivos relacionados coa súa situación persoal, coa excepción do que se acredite un interese lexítimo, ou sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións.

O interesado terá dereito á portabilidade a obter os datos nun formato estruturado, de uso común e de lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento cando o tratamento estea baseado no consentimento ou se efectúe por medios automatizados.

Os interesados poderán exercer os dereitos enumerados nos parágrafos anteriores, persoandos nas dependencias de esta entidade (Rexistro) e solicitando cumplimentar os formularios que esta entidade ten a súa disposición, ou remitindo email a atención da Delegada en Protección de Datos: deliapla@yahoo.es e tamén remitindo á mesma un escrito por correo postal, en todo caso o seu escrito, fará referencia o dereito que desexa exercer, e dirixido a Delegada en Protección de Datos e acompañando o escrito da copia do seú DNI/Nif ou documento que o/a identifique. (ou do seu representado se fose o caso).

Informamos que os trámites electrónicos que vostede faga:
De conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común, toda persoa xurídica ou física poderá dirixirse á Administración presentado as solicitudes, comunicacións e escritos que considere oportunos, tan só deberán de cumprir estes con o contido mínimo regulado en dita normativa.

De conformidade co establecido no artigo 66.1.a de a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes que se formulen deberán de conter o nome e os apelidos do interesado e o artigo 9 regula cal é o sistema de identificación dos interesados.

Vostede tamén pode exercer o dereito de reclamación ante a Autoridade de Control, do seguinte xeito:
Normativa reguladora aplicable Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.

Arts. 9 y 66

https://www.boe.es/legislacion/

Poderá presentar reclamación ante a Autoridade de Control en materia de Protección de Datos competente, especialmente cando non obteña satisfacción no exercicio dos seus dereitos, mediante escrito dirixido á Axencia Española de Protección de Datos, C/Jorge Juan núm. 6, 28001 Madrid ou ben accedendo á súa sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/

Segredo e seguridade dos datos:
O Concello de Maside comprométese no uso e tratamento dos datos persoais das persoas usuarias, respectando a súa confidencialidade e a utilizalos de acordo coa súa finalidade, así como a dar cumprimento á súa obriga de gardalos e adaptar todas as medidas para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de conformidade co establecido na normativa vixente de protección de datos.

Este web inclúe un certificado SSL. Trátase dun protocolo de seguridade que fai que os seus datos viaxen de maneira íntegra e segura, é dicir, a transmisión dos datos entre un servidor e un usuario web, é totalmente cifrada e encriptada.

O Concello de Maside non pode garantir a absoluta inexpugnabilidade da rede Internet e por tanto a violación dos datos mediante accesos fraudulentos a eles por parte de terceiros.

Con respecto á confidencialidade do procesamento, o Concello de Maside asegurará que calquera persoa que estea autorizada por esta administración para procesar os datos de carácter persoal (incluído o seu persoal, colaboradores e prestadores), estará baixo a obriga de confidencialidade (xa sexa un deber contractual ou legal).

Cando se presente algún incidente de seguridade, ao detectar este feito dun xeito inmediato e nun prazo non superior a 72 horas o Concello de Maside, notificaralles ás persoas usuarias afectadas sen demoras indebidas e proporcionaralles información oportuna relacionada co Incidente de Seguridade tal como se coñeza ou cando a persoa afectada o solicite razoadamente, e porase en coñecemento das Autoridades de Control, se así fose o caso.

Exactitude e veracidade dos datos:
Como persoa usuaria garante e responde, en calquera caso, da exactitude, vixencia e veracidade dos datos persoais facilitados, e comprométese a mantelos debidamente actualizados e aceptará proporcionar información completa e correcta.

Cambios na política de privacidade:
O Concello de Maside (Responsable de Tratamento) resérvase o dereito a modificar esta política para adaptala ás novidades lexislativas ou xurisprudencias.

Informámos que existe a posibilidade, co único fin de mellorar as prestacións do sitio web que este Responsable de Tratamento (Concello de Maside) se reserve o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web, de forma unilateral.

Así mesmo, reservase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións de uso así como calquera outra condición particular.

Os hiper-enlaces contidos neste sitio web poden dirixir a páxinas web de terceiros, este Responsable de Tratamento, non asume ningunha responsabilidade polo contido de terceiros, informacións ou servizos que puideran aparecer en dito sitio web, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre o Concello de Maside e as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen.

Aviso de Políticas de cookies:
Unicamente empregamos cookies propias e necesarias para o funcionamento deste sitio web.

Poderá acceder á política de cookies na sede electrónica da Entidade: Políticas de cookies (ENLACE E REFLEXALAS OU BEN REFLEXALAS NESTE ESPAZO)

Uso de cookies
As “cookies” constitúen unha ferramenta empregada polos servidores web para almacenar e recuperar información proporcionada polos seus usuarios. Non é máis que un arquivo de texto que algúns servidores piden ao navegador que escriba no seu disco duro, con información proporcionada das accións realizadas pola páxina. Posúen unha data de caducidade, que pode oscilar dende o tempo que dure a sesión ou incluso unha data futura especificada, a partir da cal deixan de ser operativas.

Para maior información, visite o sitio web do Departamento de Tratamento da Información e Codificación dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas de España.

O Concello de Maside emprega “cookies” para a persoalización dos servizos ofrecidos aos usuarios. As “cookies” implantadas non poden ler datos do seu disco duro nin incluír virus nos seus textos. Neste sentido, o usuario pode configurar o seu navegador para aceptar ou rexeitar por defecto todas as “cookies” ou para recibir un aviso en pantalla da recepción de cada “cookie” e decidir nese momento a súa implantación ou non no seu disco duro. Para iso suxerímoslle consultar a sección de axuda do seu navegador para saber como cambiar a configuración que actualmente emprega ou para eliminar ditas “cookies” en calquera momento.