Conscientes do importante patrimonio de vivenda que ten o noso concello, en moitos casos abandonado e que suscita un gran interese entre posibles compradores doutras rexións de Galicia, España e incluso do estranxeiro, o Concello de Maside confeccionou unha bolsa de propiedades á venda e en aluguer. 

Neste apartado poderás atopar á venda, casas con arquitectura moderna, casas rústicas, pisos, baixos, solares  e fincas situados nas nove parroquias do concello de Maside.  Maside ofrece numerosas vantaxes para vivir, como son a súa riqueza natural, a súa cultura tradicional, a súa vida comercial, as súas xentes e a súa tranquilidade. 

Ademais, se a todas esas vantaxes lle engadimos a súa situación estratéxica  e as súas boas comunicacións, que fan que esteamos a tan só 12 minutos da capital da provincia, Ourense, Maside resulta ser un concello ideal para establecer o teu fogar.