MANIFESTO 8M


Neste 2021, Nacións Unidas escolleu como lema para este 8M “Por un futuro igualitario no mundo da COVID-19”. A crise que trouxo consigo a pandemia que estamos a vivir, puxo de relevo a importancia fundamental das contribucións das mulleres como as cargas desproporcionadas que soportan.

Durante esta pandemia as mulleres estiveron, e están, en primeira liña e desempeñaron, e seguen a facelo, un papel extraordinario. As mulleres levaron máis peso, en tanto que son maioría dentro do persoal sociosanitario, e froito da desigualdade, tamén na vida privada asumen unha carga moito maior no coidado dos menores e persoas dependentes. A todo elo temos que sumarlle que as medidas adoptadas para conter o coronavirus xeraron circunstancias que agravaron a maior das crueldades do machismo, agravaron a violencia sobre as mulleres.

A mensaxe deste 8M debe estar presente nas conciencias e acción de tódalas persoas, entidades e institucións día tras día. Debe estar presente os 365 días do ano.

É por elo, que dende o Concello de Maside queremos por de manifesto que as mulleres contan coa nosa determinación para priorizar e promover en todos os eidos ós que poidamos chegar, as políticas e medidas que contribúan ó verdadeiro respecto dos seus dereitos e establecemento da xustiza social, especialmente aquelas accións que traballen na concienciación dos nosos veciños e veciñas e na axuda a cada unha das rapazas e mulleres para que, en igualdade de oportunidades e condicións que os homes, poidan ocupar na sociedade o lugar que lles corresponde por dereito propio e que non é outro que o que elas desexen e escollan.

Neste senso o Concello de Maside, co seu alcalde, José Manuel Iglesias Araujo, á cabeza levarán ó seguinte pleno a moción de aprobación do IIº Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Maside. Documento que rexerá a vida municipal en tanto en canto nel se reflexan propostas para a mellora e avance do noso municipio no eido da igualdade.

Nota de Prensa


O Concello de Maside quere recoñecer a gran labor que durante tantísimos anos están a realizar os compoñentes das distintas comparsas do noso concello.

É por elo, que neste Entroido tan atípico que nos toca vivir este 2021, queremos darlles a todos e cada un deles as grazas…. Grazas pola ilusión, polos ánimos, pola alegría, pola diversión, polo traballo, polo esforzo, polo tempo invertido, polos bos momentos que nos fan vivir….. ano tras ano para facernos disfrutar do Entroido.

Se por algo o Concello de Maside se pode enorgullecer é por ter uns veciños e veciñas que viven con paixón esta tradición, e elo vese reflexado cada ano chegadas estas datas, cando vemos saír as comparsas do Bardelás, Os Arrieiriños de Dacón, os Azucarados de Maside e por suposto ós Felos, disfrutando e facendo desfrutar ós demáis. E como agradecemento o Concello de Maside outorgará unha subvención a estes catro grupos que manteñen vivo o lume do Entroido en Maside. Todos eles recibirán 150 € como recoñecemento á súa labor, de mans do alcalde o vindeiro martes de Entroido no concello de Maside.

Non queremos que este ano a ilusión se perda.

Non a queremos perder… queremola transformar!!!!

Este ano que non teremos o noso tradicional desfile do luns de entroido…. Queremos ter balcóns, fiestras, fachadas das casas cheas de colorido, cheas de Entroido!! Queremos que os veciños e veciñas poñan en marcha a imaxinación e nos sorprendan!!! Que se disfracen e nos fagan chegar as súas fotos, colgaremolas na web do concello e nas nosas redes sociais….. queremos seguir a desfrutar do Entroido!!!

Este ano tocanos vivir un Entroido diferente, por eso queremos pedirlles que cumpran coa normativa sanitaria establecida, que non poñan en risco a súa saúde nin a dos demáis. Que non esquezan que de todo esto temos que saír xuntos, pero sobre todo, temos que saír TODOS/AS!!!

Enquisa de participación cidadá para a elaboración do II Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Maside

logo igualdade

No Concello de Maside estamos traballando na elaboración e posta en marcha do II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DO CONCELLO.

Neste proceso gustaríanos contar coas achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas, para elaborar así un documento axustado a realidade que sirva para una verdadeira transformación do concello e que sen dúbida contribuirá a mellora da calidade de vida de todas e todos.

Agradecemos polo tanto a túa colaboración cumprimentando esta pequena enquisa antes do próximo 10 de febreiro.

Enlace: https://forms.gle/u3hUMZBEzLWGb1YHA

PARTICIPA!