Charla informativa
O Concello de Maside informa que mañá martes día 25 de xuño en horario de 20,30 na Casa da Cultura de Maside terá lugar unha Charla Informativa sobre Prevención, Reutilización, Reciclaxe e Compostexe dos Residuos Urbanos.
Esta charla enmarcase dentro da Campaña Educativa Itinerante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
Os contidos desta charla teñen estreita relación co reparto de contedores marrón que o Concello de Maside fará en próximas datas. Dado que nestes contedores só se poderán depositar os residuos orgánicos, esta charla dará nocións básicas sobre a reciclaxe e compostaxe dos mesmos.
O Concello de Maside invita a tódolos veciños/as interesados a que acudan a esta charla formativa que aclarará moitas das dúbidas que este tema suscita.