Entroido Maside 2019

O Concello de Maside organiza un ano máis o seu tradicional Desfile de Entroido, que terá lugar o vindeiro luns día 4 de marzo  a partires das 17,00 horas polas rúas de Maside.

Todas aquelas persoas, grupos, comparsas interesados en participar poderán inscribirse ata o venres día 1 de marzo nas oficinas dos Servizos Sociais (sitas no Centro de Saúde de Maside).

Tódolos grupos participantes, que reunan os requisitos, recibirán una subvención pola súa participación.

Nesta nova edición contaremos coa participación da figura tradicional e senlleira masidá dos Felos a cabalo.

Ó remate do desfile coas distintas comparsas, incluidas as provintes de Parada e Amoeiro, haberá una chocolatada na Praza Maior para todas as persoas que ata alí se acerquen.