Hai quen di que Galicia enteira se converte en verán nunha festa. E Maside non podía ser unha excepción. A práctica totalidade das 9 parroquias do Concello programan ó longo do ano numerosas celebracións festivas e culturais, que enchen de cor e ledicia os nosos pobos, destacando entre eles, o Entroido ou os magostos.
Porén, o prato forte das festas masidás ten lugar nos meses estivais nos que se suceden numerosas celebracións: festas parroquiais, gastronómicas, deportivas, etc. que son un motivo de xuntanza para os veciños e amigos de Maside e que teñen o máis auténtico sentido de solidaridade, de reforzamento da casa, dos veciños … manténdose vivas, ó mesmo tempo, as tradicións locais.
O emigrante galego leva moi marcado na súa morriña o recordo destes días e, os veraneantes levan ás nosas terras un doce sabor destes días de troula, diversión e unión. Neses meses estivais celébranse, entre outras, as festas que máis visitantes atraen ás terras de Maside e que merecen unha referencia especial, sendo de visita obrigada.
Festa do Chuletón de Garabás
A parroquia de Garabás, no municipio de Maside, celebra a Festa de Chuletón, na que todos los asistentes podrán degustar esta exquisita carne acompañada de patacas fritas, pementos, pan y viño, todo elo por un módico prezo.
Festa do Cabalo
Maside celebra con éxito a Festa do Cabalo, que concenta en el paraje del Puzo do Lago en torno a 300 ejemplares y a numerosos aficionados del mundo equino.
Los espectadores tienen la oportunidad de disfrutar con las diversas competiciones y exhibiciones que se desarrollaron a lo largo de toda la jornada, cuya programación y organización corrió a cargo de la asociación Amigos do Cabalo.
Por outro lado, as festas parroquiais, que se celebran en cada parroquia na honra do seu patrón ou patroa, ocupan un lugar destacado no calendario festivo de Maside. Estas festas soen ter entre un e tres días de duración e consisten na celebración de misas pola mañá, unha rica e abundante comida familiar a mediodía, xogos populares pola tarde e verbena con orquestras pola noite. Magníficos exemplos disto son as festas da Santa Rita en Dacón ou as do San Vitorio en Maside.