Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

O Concello de Maside durante o ano 2023 desenvolve actividades dirixidas á poboación masidá para traballar en prol da igualdade entre homes e mulleres, a prevención e o tratamento da violencia de xénero.

Estas actividades son subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e cofinanciadas pola Unión Europea. Dentro do obxectivo de previr a violencia de xénero, mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Dentro da IIIª Escola de Empoderamento tiveron cabida actividades como o apoio psicolóxico a mulleres, obradoiros de cestería, cosmética natural, actividade física, cociña, … todos eles cunha gran aceptación por parte da poboación e con un índice de participación superior ao esperado.